O alcalde felicita o Nadal ao alumnado do colexio Salesianos
Abel Caballero saudou esta mañá ao alumnado do centro educativo Salesianos cos que compartiu unha actuación musical. Aproveitou a visita para felicitar o Nadal a estudantes e profesorado durante un encontro que tivo lugar no salón de actos do colexio.



