Escoitar

O alcalde agradece a AFAN o labor que desenvolve na cidade

“Sempre imos estar ao carón e apoiando á xente que axuda á xente”, sinalou Caballero, logo de reunirse este venres con Tensi González, presidenta da Asociación Freijeiro de Axuda ao Necesitado

venres, 2 set 2022
O alcalde, a concelleira Yolanda Aguiar e Tensi Fernández
O alcalde, a concelleira Yolanda Aguiar e Tensi Fernández

O Concello dedica a AFAN unha axuda anual de 60.000 euros. “Estamos moi satisfeitos co traballo que fan e queremos agradecerlle o labor que desenvolven” en Vigo con máis de 30 anos de traxectoria atendendo a arredor de 2.000 persoas e máis de 600 familias.

No encontro, o alcalde, acompañado pola concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, comprometeuse a estudar a problemática trasladada pola presidenta de AFAN respecto ao transporte da comida destinada ás familias ao que “lle daremos resposta. Sempre imos estar ao carón e apoiando á xente que axuda á xente”.

O goberno municipal ten un orzamento superior aos 350.000 euros para financiar todos os comedores sociais que prestan servizo na cidade: Sal de la Tierra, 10.000 euros; Comedor da Esperanza, 54.750 euros; AFAN, 60.000 euros; Banco de Alimentos, 83.000 euros; Fundación Santa Cruz, 57.060 euros e Misioneiros do Silencio, 26.200 euros. Ademais, o Concello asume por completo o custo do comedor do albergue municipal de Marqués de Valterra.

Descargar todas as imaxes