Abel Caballero: “Seguimos batendo récords, o turismo en Vigo está explotando”
Durante a fin de semana a cidade volveu situarse por enriba do 90% de ocupación hoteleira, chegando o 95% na media do mes de agosto. O 28 de marzo e o 16 de agosto serán os festivos na cidade.
Os datos do mes de agosto que deu a coñecer o rexedor no día de hoxe en rolda de prensa, confirman a tendencia ascendente do sector turístico na cidade. Os datos mostran un crecemento de 4 puntos porcentuais sobre as cifras de 2021 e elevándose un 12% sobre as cifras alcanzadas en 2019.
A Reconquista e San Roque festivos locais
O alcalde tamén anunciou esta mañá que serán festivos locais “como marca a tradición, o día da Reconquista e o de San Roque”. A semana que ven irá o Pleno Ordinario de setembro a declaración de festas locais para o martes 28 de marzo, día da Reconquista, e o mércores 16 de agosto coa festividade de San Roque.