O Concello inicia os trámites para a devolución a Zona Franca dos terreos da ETEA
Esta regularización económico-patrimonial pasará pola comisión informativa desta semana para posteriormente pasar o Pleno Ordinario que se celebrará o mércores 7 de setembro.

O alcalde informou na rolda de prensa deste martes sobre o comezo do proceso de devolución a Zona Franca, dos terreos correspondentes o área deportiva. Este proceso realizase tras non cristalizar o convenio firmado en 2009 entre Concello; Xunta e Zona Franca, que incluía o pago ou devolución das parcelas se non se podía executar. Como aclarou o rexedor, “trátase de 31.291 m2 que alcanzan un valor de 8 millóns de euros”.
O Concello realizará a desafección dos terreos, como trámite preceptivo, para unha establecer nun futuro convenio a cesión do uso de novo o ente municipal, podendo “seguir co uso das instalacións deportivas, sen que nada cambie para os deportistas”, sinalou Abel Caballero