Escoitar

Vigo leva dez anos aplicando as medidas de aforro de auga que recomenda a Xunta

O Concello leva unha década aplicando medidas de eficiencia no consumo de auga que non descarta ampliar se a situación así o esixira. Entre outras cuestións, lembrou que as humanizacións masivas rebaixaron a menos do 10% as fugas ao incorporar a renovación de redes. Fronte a estas accións, Caballero afeou á Xunta que sega sen adaptar medida algunha para garantir o abastecemento neste territorio, máis alá de pedir aos concellos por carta que rebaixen os consumos.

luns, 16 mai 2022

O alcalde deu conta dunha carta enviada pola Xunta na que pide aos concellos rebaixar o consumo de auga ante a situación de prealerta por seca na demarcación Galicia-Costa. Reducións de presións nas redes pola noite, restrinxir a renovación de piscinas, uso de técnicas eficientes en xardíns, minimizar baldeos ou revisar instalacións son algunhas das recomendacións do goberno autonómico que Vigo xa aplica desde hai unha década. Tanto como o período no que leva realizando humanizacións masivas que supoñen a renovación de redes e, polo tanto, minimizar as fugas por debaixo dun 10%, cando a media doutros concello é superior ao 30%. O Concello, ademais, está a traballar na nova potabilizadora - con case 23 millóns de euros - a cargo do plan de inversións de Aqualia. Neste punto, lembrou que esta instalación, financiada por Vigo, presta servizo a Cangas, Moaña, Redondela e Mos.

En todo caso, Caballero recoñeceu que Vigo ten un problema “severo” de abastecemento de auga do que fixo coñecedor á Xunta xa no ano 2013, cando acordaron medidas que o goberno autonómico nunca chegou a implementar. Unha situación similar se repetiu coa seca de 2017, cando o Concello volveu prantexar sen éxito un transvase de emerxencia. Xa na actualidade, o alcalde recriminou á administración autonómica a súa oposición á solución recollida no estudo encargado por Concello, Xunta e Goberno de España para buscar solucións definitivas ao abastecemento de Vigo. Trátase dunha toma na confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén sen efecto medioambiental algún.

En rolda de prensa, afeou á Xunta a súa inacción xa que non tomou unha sola decisión para solucionar unha cuestión da súa competencia dado que é o Executivo galego o que ten que garantir o abastecemento en alta para todo o territorio de Vigo.

 

 

 

Descargar todas as imaxes