A Xunta de Goberno licita as obras para canalizar as escorrentías no entorno da rúa Paz Pardo
Tamén aprobouse a mellora do abastecemento e saneamento na Avenida Emilio Martínez Garrido e na rúa Visto do Mar en Sampaio, ambos os dous encomendados ao Plan de Inversións de Aqualia.
O alcalde deu conta dos asuntos da Xunta de Goberno (12 de maio) en canto ao abastecemento e saneamento na cidade. Aprobouse a licitación das obras para a execución do proxecto de canalización das escorrentías superficiais no entorno da rúa Paz Pardo cun importe de 238.876 euros. O prazo de execución é de 3 meses.
Abel Caballero explicou que na zona hai una situación “complexa” e o obxectivo é executar un novo colector de pluviais para recoller a escorrentía que provén da saída da A-55 e a Estrada Vella de Madrid.
Ademais disto, a Xunta de Goberno aprobou encomendar a Aqualia a redacción do proxecto técnico das obras de renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Visto do Mar (Sampaio) a partir do nº11. Desde o Concello conclúese que as redes da zona están deterioradas e polo é prioritario e non aprazable o cambio nesta zona de Lavadores.
Tamén deuse conta da tramitación do expediente da renovación do colector de saneamento na Avenida Emilio Martínez Garrido entre os números 82 e 86 que conta cun orzamento de 301.160 euros e un prazo de execución de 3 meses. Esta actuación tamén enmárcase no Plan de Inversión da empresa concesionaria.