O alcalde visita a montaxe do carrusel da Porta do Sol
Abel Caballero supervisou este martes a instalación da estrutura, que ten unha plataforma de 10,5 metros de diámetro, e que conforma unha das atraccións clásicas do Nadal de Vigo. Situado na Porta do Sol, o carrusel cuberto ten dous pisos superpostos xiratorios, con cabalos e góndolas, nos que irán sentadas as nenas e nenos para gozar da experiencia. Amais, Caballero achegouse ata a árbore de Policarpo Sanz onde están rematando os traballos de montaxe.



