Escoitar

Concello e Barrio do Cura convenian as actuacións que se desenvolverán nese ámbito

“Un novo paso excepcional na rexeneración dunha parte tan importante da cidade”, apuntou o rexedor, logo de explicar cales son as actuacións previstas tanto para o solo urbano consolidado como para o non consolidado.

luns, 15 nov 2021
O alcalde durante a visita á maqueta que recolle a intervención no Barrio do Cura
O alcalde durante a visita á maqueta que recolle a intervención no Barrio do Cura

O documento recolle as obrigas que asumen os promotores da obra que inclúen a ampliación das vías nas rúas Llorente e Santa Marta “que se urbanizarán a cargo do promotor”, a comunicación vertical entre a praza Berbés e o ámbito do Barrio do Cura cun ascensor, unha unha nova escola infantil municipal en substitución da existente cunha superficie de máis de 1.000 metros cadrados, a rehabilitación das casas que deron nome ao barrio do Cura, a xeración de 300 novas prazas de aparcamento públicas que pasarán a ser propiedade municipal, a creación de espazos e zonas verdes por 3.341 m2 e a cesión de superficie para uso público de 4.424 metros cadrados.

O alcalde engadiu que a empresa promotora asumirá tamén a prolongación do miradoiro do Paseo de Alfonso “en toda a extensión do Barrio do Cura”.

Para Caballero este é un “novo paso excepcional na rexeneración dunha parte tan importante da cidade que historicamente abandonaron alcaldesas e alcaldes”.

O convenio urbanístico asinado hoxe entre o Concello de Vigo e Barrio Do Cura Desarrollo SLU para a planificación e xestión do ámbito do Barrio do Cura establece que a actuación se desenvolve de forma íntegra tanto para solo urbano consolidado como para solo urbano non consolidado.

Descargar todas as imaxes