O alcalde saúda aos participantes no “Xacobeo Autismo. Un camiño de todos”
Abel Caballero felicitou esta mañá aos 20 mozos e mozas que forman parte de “Xacobeo Autismo. Un camiño de todos”. Facendo o Camiño por etapas, hoxe mesmo parten cara a Redondela un grupo de usuarios do Centro Navás, xestionado pola Fundación Menela.

O alcalde deulle esta mañá a benvida ao Auditorio Municipal a un grupo de peregrinos que están a facer o “Xacobeo Autismo. Un camiño de todos. Felicitou aos vinte rapaces e rapazas protagonistas dunha gran experiencia que pilota a Fundación Menela.
Esta iniciativa arrancou en 2019 e foi retomada o pasado 11 de maio co obxectivo de chegar a Pontevedra este ano e deixar para 2022 a chegada a Santiago. Todos os participantes forman parte do Centro Navás p ara persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo.
En 2019, retomamos o pasado día 11 ata Pontevedra, o ano que vén rematar. Todos os participantes centro de adultos Castro Navás, xestionado por Fundación Menela. O seu director, Cipriano Jiménez, tamén estivo presente na recepción, na que un dos integrantes da expedición leu un texto explicando a súas vivenzas como peregrinos.

