Escoitar

O goberno de Vigo concede 191 axudas de emerxencia máis e supera os 2 millóns entregados

É “unha nova forma de funcionamento da política social na cidade de Vigo”, valorou Caballero este martes, 191 apoios económicos aprobados na última semana dos que 80 foron para pagos de aloxamento e alugueiro. Con máis de dous millóns distribuídos, o Concello atendeu a 35.907 persoas coas axudas de emerxencia.

martes, 4 mai 2021

O Concello de Vigo superou “de largo” os dous millóns de euros entregados a persoas que o necesitan con cargo ás axudas de emerxencia municipais. O alcalde deu conta este martes dos apoios concedidos na última semana, 191, dos que 80 serviron para facer fronte a pagos de vivenda dos beneficiarios: aloxamento e alugueiro.

Con estes máis de dous millóns de euros, a administración presidida por Abel Caballero alcanzou a un total de 35.907 persoas ata o momento. “Esta é a nosa política social”, asegurou o alcalde, quen denunciou que a Xunta de Galicia “se queda na caixa” os fondos que percibe do Goberno de España para repartir entre os concellos e que poidan facer fronte a estes gastos: “Vigo non recibe nin un céntimo”.

Neste aspecto, o alcalde recordou que o Concello de Vigo adica máis dun millón de euros anuais só para desinfectar os colexios e os parques infantís, 520.000 e 550.000 euros respectivamente, gastos derivados da pandemia “que ten que facer a Xunta e facemos nós”, para os que o Estado transfire cartos ás comunidades autónomas.

Descargar todas as imaxes