O alcalde apunta o bo funcionamento xeral do tráfico na contorna dos centros escolares
O Concello presta apoio aos centros escolares no regreso ás aulas con axentes da Policía Local que controlan o tráfico e tamén está a dispoñer espazos nas zonas de recreo que permitan garantir a distancia de seguridade entre o alumnado.
Abel Caballero informou este venres do bo funcionamento "en termos xerais" da circulación no acceso aos arredor de cen centros educativos da cidade nesta xornada de incorporación ao curso de todo o alumnado de Infantil e Primaria. Son un total de 23.000 os escolares que regresaron xa as aulas nos cursos de Infantil, Primaria e Educación Especial.
Con todo, o rexedor referiuse á conxestión do tráfico rexistrada na contorna do Colexio Labor, ao atopárense coches parados en dobre fila. "Imos estudar esta zona para darlle unha solución inmediata" e resolver os incidentes de aparcamento e entrada no centro educativo.
Amais, indicou que o Concello prestou apoio nesta xornada a 13 centros educativos coa presenza da Policía Local para ordenar o tráfico e manifestou que o goberno municipal segue traballando cos centros na disposición dos patios de recreo para que o alumnado manteña as distancias e non interaccione con outros cursos.