Escoitar

O Concello de Vigo elevou un 400% o gasto social dende o inicio da crise sanitaria

As axudas de emerxencia aprobadas desde o pasado mes de marzo suman xa son case 10.000 por un valor superior aos 1,2 millóns de euros. O alcalde destacou que o Concello aumentou un 400% o gasto social durante a pandemia fronte ao descenso das partidas autonómicas.

xoves, 10 set 2020
Abel Caballero, este xoves en rolda de prensa
Abel Caballero, este xoves en rolda de prensa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves de que o Concello aumentou o gasto social durante pandemia do Covid-19 ata un 400% respecto ao ano pasado. “Seguiremos atendendo todas as necesidades que nos cheguen sen limitacións de orzamento”, apuntou.

Caballero explicou que o Concello segue a dar axudas de emerxencia “cun niveis importantísimos” e apuntou que este mesmo mércores foron aprobadas 55 novas achegas por máis de 9.000 euros, o que eleva o total entregado desde o pasado 15 de marzo ata case 10.000 axudas por máis de 1,25 millóns de euros.

“Os datos amosan o enorme esforzo que está facendo a cidade en política social, cunhas axudas que aumentaron un 400%, e ao lado temos os datos da Xunta dos últimos 10 anos nos que a evolución do gasto social baixou un 0,1%. En Vigo aumentou un 400%, eso nos diferencia”, sinalou.

Descargar todas as imaxes