Caballero inaugura a humanización das rúas Heraclio Botana e Roupeiro
Abel Caballero inaugurou este luns as reformas das rúas Heraclio Botana e Roupeiro, na contorna de Rosalía de Castro, onde o Concello xa investiu máis de 4 millóns de euros en reformas durante os últimos anos.
![Abel Caballero, na inauguración.](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/GM0BHiKurUWD6B4kvbaYe9aoZsybcG6k2qhxGWpP.jpeg)
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns a rúa Heraclio Botana para a súa inauguración unha vez rematada a reforma feita polo Concello de Vigo. O investimento rondou os 400.000 euros e incluíu tamén a rúa Roupeiro. Ademais, o proxecto contempla a mellora de Serafín Avendaño nos vindeiros meses.
Segundo explicou o rexedor, o goberno local destinou nos últimos anos máis de 4 millóns de euros a humanizacións na contorna da rúa Rosalía de Castro. Neste caso, Heraclio Botana mellorou a súa conexión peonil con García Barbón coa eliminación dunhas escadas que complicaban a mobilidade.
![Abel Caballero, na inauguración.](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/GM0BHiKurUWD6B4kvbaYe9aoZsybcG6k2qhxGWpP.jpeg)
![Abel Caballero, na inauguración.](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/TI65HZVHCiZjEjy7vKpkRbY9Z7kKSHDU0CkahDfF.jpeg)