O Concello establece a prioridade peonil e limita a velocidade das bicicletas no paseo do Lagares
O rexedor informou en rolda de prensa da instalación de 10 sinais de circulación para establecer a “prioridade absoluta dos peóns” na marxe dereita do paseo do Lagares. Os ciclistas, a un máximo de dez quilómetros por hora.
A previsión do goberno municipal é que a instalación dos sinais remate este xoves no tramo comprendido entre o estadio de Balaídos e o ámbito da depuradora, ata a Xunqueira do Lagares.
Abel Caballero destacou que o obxectivo do Concello é “que vaiamos con sosego no paseo”, establecendo a “prioridade absoluta dos peóns”, o que en consecuencia limita a velocidade máxima das bicicletas ata os 10 quilómetros por hora. Dende agora, apuntou, as bicicletas teñen que convivir coas persoas “coñecendo a súa prioridade e a limitación”.
En principio, os sinais instálanse na marxe dereita do paseo, no sentido da desembocadura do río e, de ser preciso, colocaranse tamén na marxe esquerda.