Vigo organiza un servizo de voluntariado para atender a persoas vulnerables
Abel Caballero anunciou este mércores que máis de 400 vigueses xa están rexistrados no servizo de voluntariado posto en marcha para atender a persoas vulnerables. Nos vindeiros días, desde a Oficina de Voluntariado contactarán con todos eles para repartir traballos, que poden ir desde acompañamentos á compra ou o médico a chamadas de teleasistencia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de que ante a situación extraordinaria creada pola pandemia do COVID-19 o Concello xa traballa cun servizo de voluntariado. Así, o rexedor indicou que nas primeiras 24 horas xa están rexistradas un total de 404 persoas dispostas a realizar tarefas de axuda a persoas vulnerables.
Así, o céntrase en contactar coas distintas entidades sociais activas para coñecer as súas demandas actuais e previsión de necesidades a corto e medio prazo. Estas entidades poderán, dende hoxe mesmo, comunicar directamente ditas necesidades por mail a dirección ofi.voluntariado@vigo.org sen esperar a que o persoal técnico da oficina se poña en contacto con elas.
O alcalde explicou que o Concello de Vigo xa está a contactar coas distintas entidades sociais activas para coñecer as súas demandas actuais e previsión de necesidades a corto e medio prazo. “Xa estamos falando con organizacións como Cáritas, Cruz Vermella, Érguete, Protección Civil ou Fundación Provivenda para que nos informen sobre o que precisa a xente”, sinalou Caballero.
Unha vez coñecidas as principais necesidades manifestadas polas entidades e polos distintos servizos municipais do concello, a Oficina de Voluntariado conectará as persoas que se ofrecen coma voluntarias coas distintas entidades sociais da cidade e, organizará, de ser necesario, aquelas tarefas voluntarias que así o requiran.
Para garantir a saúde da cidadanía, as persoas voluntarias que sufran patoloxías previas ou que estean enmarcadas nos colectivos de risco que queiran participar nesta inicitiva, unicamente poderán desenvolver tarefas de atención telefónica continuada para acompañamento e detección inmediata de necesidades.
Poden apuntarse as persoas maiores de idade a través do formulario ao que se pode acceder desde a portada da web do Concello.
Aprobación do PEMU
Ademais, o alcalde indicou que xa está activado o PEMU (Plan de Emerxencias Municipal), que traballa desde o inicio da crise. “Somos o primeiro municipio de España que puxo en marcha unha comisión de seguimento”, sinalou o alcalde. O PEMU operará como mecanismo de coordinación para o cumprimento das obrigacións impostas polo estado de alerta.