O goberno local celebrará o venres a mesa de contratación para a reforma da Porta do Sol
O alcalde de Vigo informou de que esta semana pasarán pola mesa de contratación so proxectos para reformar a Porta do Sol e a Ronda de Don Bosco. Ademais, sinalou que xa está finalizada a humanización da rúa Mantelas.
Abel Caballero informou este martes en rolda de prensa de que o vindeiro venres pasarán pola mesa de contratación as humanizacións de Porta do Sol e Ronda de don Bosco, así como da finalización da reforma da rúa Mantelas.
O proxecto de soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol e a humanización e transformación da actual rede viaria conta cun orzamento de 16.996.554,23 euros e un prazo de execución das obras de 24 meses, segundo destacou o alcalde na súa comparecencia ante os medios de comunicación.
As obras a executar inclúen a construción dun túnel de dous carrís de 3,50 metros de ancho cada un, zona de mediana e beirarrúas a ambos lados de 0,50 metros, unha boca de entrada única na rúa Policarpo Sanz e dúas bocas de saídas independentes para cada carril na rúa Elduayen. "A obra supón a creación de 8.000 m² de espazo público peonil, dotado de zonas verdes e mobiliario urbano", destacou Caballero.
No referente a Ronda Don Bosco, a licitación é de 1,8 millóns e o proxecto inclúe a humanización desde a rúa Progreso ata Velázquez Moreno, e entre Eduardo Iglesias e o Paseo de Granada.
Ademais, o alcalde tamén informou de que xa está finalizada a humanización da rúa Mantelas cun orzamento de 522.886,53 euros para a construción de beirarrúas e cinco pasos de peóns, dous de eles con resalte para aumentar a seguridade.
"Estas tres obras alcanzan un orzamento de 19,3 millóns e en estes momentos o Concello está promovendo obras por valor de 59,3 millóns", sinalou Abel Caballero.