O Concello abre a inscrición para os cursos de alfabetización dixital

Xa está aberto o proceso para participar nos cursos de alfabetización dixital que promove o Concello e dos que informou este mércores o alcalde, Abel Caballero. Se impartirán nos meses de setembro e outubro, con formación sobre Informática, Robótica, Mecanografía, Internet e Ofimática básica.

mércores, 21 ago 2019
As clases terán lugar na aula de formación TIC na Avenida de Beiramar e en setembro abordarán materiais como a procura de emprego e a iniciación á folla de cálculo, á informática e á robótica. En outubro, Internet e trámites administrativos, Mecanografía e Ofimática Básica.

Os interesados poden informarse e/ou inscribirse no teléfono 010 ou no 986810260, cos requisitos de estar empadroado na cidade de Vigo. O Concello concederá preferencia a aquelas persoas que non participaran previamente no mesmo curso solicitado.