O Concello, finalista dos premios Novagob Excelencia 2019
O alcalde en funcións informou hoxe de que o Plan municipal de seguimento e avaliación da transparencia e o bo goberno foi seleccionado como un dos tres finalistas na categoría de bo goberno e integridade.
O Concello de Vigo é finalista dos Premios Novagob Excelencia 2019 na categoría de bo goberno e integridade, xunto ao Comisionado de Transparencia de Canarias polo seu Modelo de avaliación e transparencia e xunto ao Proxecto Atalaya, Sandetel, da Junta de Andalucía.
Abel Caballero explicou que o Plan de Seguimento e Avaliación da Transparencia e o bo goberno posto en marcha polo Concello foi seleccionado como un dos tres finalistas destes galardóns que concede a Fundación Novagob, unha rede formada por administracións públicas con máis de 15.000 profesionais do sector público.
O Concello xa recibiu o Premio Novagob Excelencia 2017 na categoría de loita contra a corrupción.