Formación na procura de información sobre mulleres, xénero e igualdade
O servizo de Igualdade organiza unha sesión formativa en orientación, educación, instrución e optimización de recursos sobre mulleres, xénero e igualdade. Será o luns 25 de 11:30 a 12:30 horas no Centro de Documentación Feminista, e previa inscrición.

Actividade orientada a formar en habilidades para o uso da biblioteca, a colección e a súa organización, o manexo dos catálogos e as técnicas de recuperación da información. Orientación: informar sobre determinadas cuestións puntuais (como funciona o centro, como localizar unha información, como atopar unha signatura no fondo documental)
Educación: ensinar a facer uso das técnicas bibliotecarias máis básicas (como buscar en distintos catálogos de bibliotecas e centros de documentación de mulleres);
Instrución: ensinar como adquirir unha serie de destrezas necesarias para a selección de información (como localizar información e documentación sobre xénero, autorías de mulleres,...)
*Inscrición previa :
986 436 441
centro.documentacion.feminista@vigo.org
Descargar todas as imaxes