O goberno de Vigo contrata a renovación dos peches do Santa Irene e do Santo Tomé
Abel Caballero informou este venres da contratación das obras, que presentan un importe próximo aos 60.000 euros e un prazo máximo de execución dun mes. Sendo competencia da Xunta, o Concello asume esta mellora dado o estado de deterioro dos peches perimetrais.
O Concello acometerá a renovación despois de ter detectado o deterioro da estrutura polo paso do tempo e exposición aos axentes atmosféricos. Os peches finalizaron a súa vida útil e presentan abundante óxido, sucidade incrustada e rotura dos soportes, con risco de caída.
No prazo de execución dun mes, o goberno de Vigo substituirá o peche metálico e as portas de acceso, tanto as peonís como as dos vehículos. Ao efecto, recordou Caballero, a administración local reserva preto de 60.000 euros.
Outros acordos
O goberno vigués aprobou ademais as bases e a convocatoria de axudas do bono-taxi, 25.000 euros cos que o Concello subvenciona un medio de medio de transporte a aquelas persoas que, por razóns de graves dificultades de mobilidade, non poden empregar o transporte colectivo.
Por último, Caballero informou da validación tamén das bases e convocatoria de subvencións para potenciar a participación de deportistas en competicións oficiais de alto nivel, por importe de 50.000 euros. O apoio vai destinado a deportistas que participen este ano en campionatos de España, Europeos ou Mundiais. Este respaldo económico foi recibido o pasado ano por preto de 25 deportistas.