Escoitar

Abel Caballero, "orgulloso" da mobilización de Vigo polo 8 de marzo, que marcará "un antes e un despois"

O alcalde amosouse "inmensamente orgulloso" pola resposta da cidade á manifestación feminista convocada polo 8 de marzo, con 45.000 persoas nas rúas de Vigo. "No ámbito dos dereitos, marcará un antes e un despois", engadiu, pois o deste xoves "sucedeu contadas veces nesta cidade".

venres, 9 mar 2018
1520604220OchodeMarzo.jpg
O alcalde subliñou que Vigo saíu á rúa "de forma extraordinariamente importante" este 8 de marzo, polo Día Internacional das Mulleres, con "ducias de miles de persoas" nas rúas "para reclamar a igualdade" de homes e mulleres, cifrada en máis de 45.000 persoas.

Abel Caballero valorou que esta manifestación, "no ámbito dos dereitos, marcará un antes e un despois", e enxalzou que Vigo saíra a rúa "reclamando os dereitos das mulleres, reclamando a igualdade, reclamando a desaparición das trabas e de todos os factores de marxinación, e apoiando a todas as vítimas de violencia de xénero", en toda Galicia pero en Vigo "de forma tan importante".

Por último, o rexedor recordou que o deste xoves foi "algo que sucedeu contadas veces nesta cidade, o que é extraordinario porque a causa era magnífica. Por iso, o meu orgullo de ser o alcalde de Vigo e a miña felicitación a toda a cidade".
Descargar todas as imaxes