O Goberno de Vigo aproba o proxecto de construción da pista de parkour en Navia
Xunta de Goberno Local aprobou este venres o proxecto para construír unha nova pista de parkour no parque de Navia. Ademais, tamén foi aprobada unha nova fase da humanización de María Berdiales e as achegas para as asociacións AFAM e Solidariedade co Pobo Galego.
A Xunta de Goberno Local, reunida este venres, aprobou o proxecto de construción da pista de parkour cun importe de 193.000 euros. O alcalde, Abel Caballero, sinalou que esta nova instalación ven a completar a xa realizada en Barreiro.
"Estamos a facer a pista de skate, BMW e Roller Vert Wall por un importe de 300.000 euros e agora, ao seu lado, imos facer unha pista de parkour, que sairá por un valor de 193.000 euros", sinalou o alcalde na súa rolda de prensa.
A actuación finalizará coa urbanización da ziba, no cruce das rúas Pedra Seixa e Limpiño, polo que o parque de skate de Navia se sumará ao de Barreiro (por importe de 44.000 euros) e á remodelación da pista do Castro (pendente de informe de Patrimonio da Xunta) e de Jenaro de la Fuente.
Ademais, na mesma Xunta de Goberno foi aprobada a última fase de humanización da rúa María Berdiales no tramo que aínda resta por reformar. O investimento chega ata os 645.000 euros.
AFAM
Por outra banda, no capítulo de Benestar Social, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ao proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Freixeiro de axuda ao necesitado AFAN para atención inmediata das necesidades básicas de persoas e familias por un importe de 55.000 euros.
Por último, foi aprobado o proxecto "Vacacións en Paz 2018", organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, para asumir os gastos de desprazamento dos nenos do campamento de refuxiados de Tindouf. O orzamento é de 60.000€.