Escoitar

O alcalde dálle a benvida a Vigo ao grupo Ballesol e á súa residencia para maiores de Gran Vía

O rexedor visitou esta mañá a residencia de maiores que o grupo Ballesol ven de inaugurar en Gran Vía -no solar do antigo colexio Cluny, cunha superficie de case 6.000 m2. Durante a súa intervención, deulle á benvida a Vigo a este grupo empresarial e reiterou que as cidades teñen que ser deseñadas para nenos e maiores.

venres, 9 mar 2018
1520604204Ballesol.jpg
Abel Caballero participou esta mañá na inauguración da residencia Ballesol na rúa Gran Vía, no espazo que ocupou durante moitos anos o antigo colexio Cluny. Acompañado pola presidenta de honra de Ballesol, Lola Soler, a presidenta da Deputación, Carmela Silva e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, o alcalde eloxiou a ubicación deste centro e destacou que a súa construción permitiu recuperar "a luz" que se perdeu cando pechou o centro educativo. Durante o seu discurso, dirixiuse aos residentes aos que lles agradeceu o seu traballo na cidade ao longo de toda a súa vida e os que invitou a gozar do barrio, no que en breve haberá unhas cintas transportadoras para subir a Gran Vía, detallou.

O rexedor participou no descubrimento da placa inaugural dunhas instalacións que teñen unha superficie total de 5.909 m2, e dispoñen de 117 prazas residenciais tanto para persoas con plena autonomía como para persoas en situación de dependencia física ou psíquica.
Descargar todas as imaxes