Escoitar

O alcalde urxe á Xunta de Galicia a reforma da estación de autobuses

A terminal de Vigo atópase nunha situación "lamentable", recordou Caballero, sen bancos, con escaleiras mecánicas que estiveron tres anos avariadas e con choiva no interior. O rexedor reclamou novamente á Xunta que "poña a estación de autobuses nas condicións nas que ten que estar a estación dunha cidade de 300.000 habitantes".

mércores, 10 xan 2018
Abel Caballero definiu de "catastrófica" e "lamentable" a situación na que se atopa a estación de autobuses da cidade, pese a que "levamos anos dicindo que a Xunta ten que poñela nas condicións que se requiren".

Na terminal da Avenida de Madrid, "ata agora, actuacións practicamente ningunha", aseverou o alcalde, por parte da administración responsable, a Xunta de Galicia. Caballero denunciou a ausencia de bancos, que as escaleiras mecánicas estiveron tres anos avariadas e que chove no interior do edificio, unhas "condicións lamentables", asegurou.

"Sigo urxindo", requeriu Caballero á Xunta, "que poñan a estación nas condicións nas que ten que estar a estación de autobuses dunha cidade de 300.000 habitantes".