Escoitar

O rexedor traslada aos transportistas que a partir do 2 de febreiro non poderán circular camións por Sanjurjo Badía

O alcalde informou a Asetranspo que ante a negativa da Xunta a reformar o acceso a AP-9 en Teis a parir do 2 de febreiro non poderán circular camións por Sanjurjo Badía. Así llo trasladou nun encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía.

mércores, 10 xan 2018
1515593392Asetranspo.JPG
Abel Caballero recibiu este mércores aos representantes da Asociación Provincial de Empresarios del Transporte Discrecional de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo) para informarlles sobre a decisión do Concello de Vigo de impedir o paso de camións pola rúa Sanjurjo Badía a partir do vindeiro 2 de febreiro pola negativa da Xunta de Galicia a reformar os accesos ao barrio de Teis desde a autoestrada AP-9.

O rexedor mantivo un encontro co presidente de Asetranspo, Ramón Alonso; o vicepresidente, José Mañas, e a secretaria executiva, María de la Cruz Ávlarez, e explicoulles que a medida afectará a 800 camións e que unicamente faranse excepcións coas empresas que teñan a súa sede na zona.

"Teño que dicir aos cidadáns de Teis que ata aquí chegamos e que a neglixencia de Feijóo ao non querer reformar os accesos da AP-9 non a poden pagar os veciños", apuntou Caballero na rolda de prensa posterior á reunión. O alcalde lembrou que xa no ano 2016 advertiu da necesidade da mellora e que a Xunta comprometeuse a asumir a obra.

O alcalde incidiu en que o Concello non ten competencias para modificar as entradas á cidade desde a autoestrada e apuntou que "o Concello non pode facer legalmente ese proxecto porque necesitaríamos un convenio".
Descargar todas as imaxes