Caballero louva ás "institucións ao servizo da actividade económica" no lanzamento dun proxecto naval 4.0
O alcalde participou este martes en Metalships no acto de presentación do proxecto europeo Intelligent Naval 4.0, liderado pola Deputación de Pontevedra e coa participación de distintos socios internacionais. Na súa intervención, eloxiou unha iniciativa que "entende as institucións ao servizo do desenvolvemento da actividade económica e industrial"
Xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Vigo tomou parte este martes no estaleiro vigués Metalships na presentación e acto de lanzamento do proxecto europeo Intelligent Naval 4.0, unha iniciativa con participación de varios países do continente que lidera a Deputación provincial.
Na súa intervención, Caballero louvou o lanzamento dun proxecto que "entende as institucións ao servizo do desenvolvemento da actividade económica e industrial", unha "nova dinámica" que "queremos levar adiante" nas administracións. O alcalde eloxiou unha proposta que procura afondar na "capacidade de competir nun mundo tan complexo e difícil" como o naval.
A este respecto, Abel Caballero valorou que o sector ás veces ten que competir en "condicións desiguais", coas empresas europeas xogando "en inferioridade de condicións" con respecto ás doutros continentes. O alcalde salientou a oportunidade que ofrece a industria 4.0, a tecnoloxía e a incorporación doutros ámbitos industriais ao naval, como "sinerxias tecnolóxicas para levar adiante procesos de construción naval".
Descargar todas as imaxes