Escoitar

O alcalde destaca a humanización de Camelias como a "máis importante de Vigo"

Cun investimento total de 6,5 millóns de euros, Abel Caballero inaugurou este luns pola mañá a Avenida logo da obras realizadas nun tramo de case medio quilómetro e anunciou o comezo da última fase da humanización.

luns, 6 nov 2017
1509975166camelias2.jpg
O Concello vén de completar a cuarta fase de humanización da Avenida das Camelias que comprende o tramo de medio quilómetro de lonxitude que vai desde Doutor Marañón ata Juan Ramón Jiménez. Segundo sinalou o rexedor nas obras mantívose o arborado e renováronse os bancos, as xardineiras, as papeleiras e o sistema de rego.

Caballero deu conta do inicio proximamente da quinta fase das obras de humanización co que quedaría rematada ao completo a Avenida das Camelias, "a máis importante humanización de todo Vigo", e que terá como resultado un investimento total de 6,5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes