O alcalde e o embaixador analizarán unha "eventual cooperación" empresarial entre Vigo e Taiwán
Abel Caballero recibiu este martes na Alcaldía ao embaixador de Taiwan en España, Simon Ko. Segundo explicou o alcalde, analizaron a "eventual relación" entre Vigo e o "gran imperio económico" taiwanés e emprazáronse a manter unha reunión en Madrid ao efecto.
En declaracións públicas ao remate da reunión, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou que lle explicou a "dimensión económica" da cidade ao embaixador e apuntou a posibilidade de celebrar unha reunión en Madrid para unha "eventual cooperación" entre empresas de Vigo e Taiwán, en particular pesqueiras e conserveiras, anotou.
Descargar todas as imaxes