Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 13 out 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 14 DE OUTUBRO DE 2016.

1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 29 de setembro e ordinaria e extraordinaria e urxente do 30 de setembro de 2016.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación ciudadana de lucha contra la droga Alborada" para o desenvolvemento do Progama de Incorporación social en agricultura ecolóxica "VERDEAR"- ano 2016. Expte. 129773/301.

DEPORTES
3.- Expediente de contratación para a subministración de equipos para renovación das instalación de produción de AQS no Pavillón doCarme e no Complexo deportivo de Balaídos. Expte. 521/611

4.- Proposta de autorización para a organización da II Edición CROSS FRIAN, o vindeiro 16 de outubro de 2016. Expte. 15054/333.

5.- Proposta de autorización para a organización do evento 10ª EDICION VIGO+11, o vindeiro 16 de outubro de 2016. Expte. 15084/333.

EMPREGO
6.- Corrección erro material na data de xustificación das subvencións para o fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo. Expte. 12775/77.

FESTAS
7.- Dar conta da relación de expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas durante o mes de Agosto de 2016. Expte. 6649/335.

MEDIO AMBIENTE
8.- Proxecto de convenio de colaboración Concello de Vigo-Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo actuacións nos sendeiros azuis do Concello de Vigo. Expte. 9069/446.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
9.- Proxecto de convenio de colaboración coa Unión Comarcal da Unión Xeral de Traballadores (UXT) de VIGO, para axudar ao financiamento das actividades da entidade para o ano 2016, así como, de mantemento directamente relacionados, necesarios para o seu desenvolvemento, realizados entre xaneiro e outubro -2016. Expte. 7383/320.

RECURSOS HUMANOS
10.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos. Abril-agosto 2016. Expte. 28646/220.

11.- Produtividade pola utilización de maquinaria pesada do persoal do servizo do Parque Móbil. 1º trimestre-2016. Expte. 28015/220.

SERVIZO DA ÁREA DE CULTURA
12.- Dar conta da relación de expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo de Museos municipais durante o mes de setembro de 2016. Expte. 1668/341.

13.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 14 de outubro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.




O CONCELLEIRO-SECRETARIO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Cayetano Rodríguez Escudero.

O ALCALDE.
Abel Caballero Álvarez.