Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón en recordo dos refuxiados
Este venres, a partir das 21:45h, as fontes da rúa Aragón estarán iluminadas de verde en memoria das vítimas da crise humanitaria no Mediterráneo, segundo anunciou hoxe Abel Caballero. A cidade súmase así á campaña LIGHT4REFUGEES que promove a Rede Española de Inmigración e Axuda ao Refuxiado.
O alcalde de Vigo anunciou este venres a participación da cidade olívica nesta campaña a nivel europeo en solidariedade cos refuxiados e en recordo das vítimas desta crise humanitaria no Mediterráneo.
Vigo tingue de verde as fontes da rúa Aragón, a partir das 21:45h, hoxe venres, 2 de setembro, data que se tomou como referencia polo ano da morte do neno Aylan, de tres anos, aparecido nunha praia da costa de Turquía, "nunha imaxe tremenda que deu a volta ao mundo", apuntou o rexedor.
Engadiu Caballero que Vigo quere "cooperar na concienciación sobre a necesidade dun pacto global para resolver o problema dos refuxiados e para afastar as tensións políticas". O alcalde urxíu ao Goberno de España a que, co resto de gobernos europeos, faga fronte "de forma axeitada á gravísima crise de refuxiados en Europa" e recordou que desde a FEMP creóuse unha rede de cidades de acollida.
O alcalde vigués e presidente da FEMP requeríu dos gobernos español e europeo "que cumplan con decencia cos dereitos humanos, que teñan a decencia de acoller aos refuxiados, porque esa política europea é unha auténtica indecencia". Caballero pediu "apoio" ás vítimas e facer do respaldo aos refuxiados "unha política da que nos sintamos orgullosos en Europa, porque da actual nos sentimos avergonzados".