O Concello cooperará "activamente" coa alianza de centros tecnolóxicos de Vigo
Caballero anunciou o pasado venres a vontade municipal de cooperar "activamente" coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga), formada, entre outros, por cinco centros tecnolóxicos con base na cidade. Trátase, dixo, de buscar colaboración para que Vigo sega a ser unha das cidades máis "smartizadas" de España.
O alcalde de Vigo trasladou o venres o compromiso do goberno local de cooperar coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) conformada, entre outros por cinco centros tecnolóxicos instalados en Vigo. Logo de manter un encontro con Juan Vieites, secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA; Fernando Vázquez, presidente de Aimen; Antonio Santos, presidente de CTAG; Luis Pérez, presidente de GRADIANT e Manuel Fernández, presidente de ENERGYLAB, Caballero destacou a importancia destes centros en España e en Europa e avanzou que a administración local xa está a traballar con algún deles, en cuestións de tráfico, como no uso de móbiles por parte de invidentes para cambiar os semáforos.
Caballero reiterou a súa vontade de que Vigo sexa a ser unha das cidades máis "smartizadas" de España, aclarando que nestes momentos o 65% dos trámites co Concello xa se fan de xeito dixital. Aproveitar esta capacidade tecnolóxica, abondou, é moi importante para a cidade.
Descargar todas as imaxes