Esta fin de semana XX edición da Maratón Fotográfico Concello de Vigo
A Agrupación Fotográfica Galega organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura, a viséxima edición do Maratón Fotográfico "Concello de Vigo" que terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de novembro.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalicen a súa inscrición o día do maratón (sábado 14) no Dinamo Coworking (r/ Ecuador, 14), entre as 18:00 e 18:45 h. Tamén se poderá facer unha preinscrición, vía correo electrónico, en "info@agrupacionfotograficagalega.com". Os/as participantes deberán aboar a cantidade de 10 euros, en concepto de inscrición.
Poderase participar en categoría analóxica ou dixital (só nunha delas), e concederanse tres premios á serie fotográfica dotados con 1.000 €, 500 € e 300 €, respectivamente.
Os/as participantes deberán entregar as fotos na sede da AFG (r/ Uruguai, 17), entre as 19:00 h e as 20:00 h do domingo 15 de novembro.
Descargar todas as imaxes