Caballero respalda o interese da alcaldesa de Tomiño de integrarse na Área Metropolitana de Vigo
Abel Caballero e Sandra González mantiveron esta mañá unha reunión na que a alcaldesa expuxo o interese de Tomiño de formar parte da Área Metropolitana de Vigo. O rexedor mostrou a súa conformidade co prantexamento dada "a gran interacción" e fluxo de persoas que existe entre ambos municipios.
O alcalde de Vigo e a súa homóloga de Tomiño coincidiron ao cualificar de "absolutamente cordial" primeira visita oficial que mantiveron ambos rexedores esta mañá na Alcaldía. Caballero respaldou o interese da alcaldesa de que Tomiño se poida incorporar á Área Metropolitana de Vigo xa que existe "unha gran interacción" e fluxo de persoas entre os dous municipios, lembrando, entre outras conexións, que Tomiño é un dos camiños para chegar a Portugal desde a nosa cidade, ademais de que existen moitos vigueses con primeiras e segundas residencias en Tomiño, así como moitos veciños do Baixo Miño que traballan na nosa cidade. Outro dos temas que se trataron na reunión foi o transporte metropolitano, facendo especial fincapé no novo hospital e o prezo do aparcamento, abusivo en opinión de ambos rexedores.
Tal e como explicou Cabalero aos medios de comunicación ambos mandatarios quedaron emprazados para seguir a manter unha reunión fluída e "nós quedamos á expectativa das solicitudes formais que queiran presentar", subliñou. A este respecto avanzou que xa se podería ir elaborando o proxecto técnico que avale esta nova entrada e que despois tería que contar co apoio da asamblea metropolitana.
Descargar todas as imaxes