O plan de tráfico de entrada e saída de colexios arranca con éxito en catro centros da cidade
O alcalde deu conta esta mañá do "éxito" do primeiro día da campaña de información aos pais e nais do novo plan de tráfico deseñado para os colexios, que prevé reservar dez ou doce aparcamentos nas horas de entrada e saída dos alumnos. Hoxe arrancou de xeito experimental en catro centros e noutros nove comezará a funcionar o 8 de xuño, para aplicarse no resto de colexios a partires do próximo curso escolar.
Tal e como explicou o alcalde, esta mañá comezou a campaña de información para os pais e nais de alumnos sobre os novos plans de tráfico elaborados polo Concello para os colexios, que funcionarán inicialmente, como primeira fase, en trece centros. Hoxe arrancou en catro colexios e noutros nove o fará o próximo 8 de xuño.
Concretamente, este plan piloto iniciouse con "éxito" no colexio Maristas (con reserva de estacionamentos en Venezuela entre as 08:15 e as 09:15h e de 13:30 a 14:30 horas) onde só de detectaron problemas con algún usuario da escola infantil que chegou demasiado temprano. Na Compañía de María – Enseñanza (con zona acotada para aparcamento en Colmeiro Laforet de 08:30 a 09:30h), explicou, houbo máis problemas porque é unha zona de aparcamento de longa estancia e os propietarios dos vehículos non os retiraron, tal e como debían. A este respecto o rexedor avanzou que se lles vai notificar aos propietarios dos coches a nova situación e vaise adiantar ás 08,00 horas as restriccións de estacionamento, por propia petición do centro educativo. No Escultor Acuña (con estacionamento reservado de 08:30 a 09:15h e de 13:30 a 14:15h, na rúa Estrada) o tráfico foi máis fluido que outros días e o mesmo sucedeu nas inmediacións do Lope de Vega (con estacionamento propio de 08:30 a 09:15h). O próximo luns, 8 de xuño, arrancará este plan piloto noutros nove centros: María Auxiliadora – Salesianos, García Barbón, Vicente Risco, Amor de Dios, Illas Cíes, Doutor Fleming – Villa Laura, María Inmaculada – Carmelitas, San Miguel Nebrija – O Castro e Padre Míguez – Las Calasancias.
En declaracións aos medios, Caballero explicou que nos próximos días se vai "intensificar" a campaña informativa, sobre todo nas zonas nas que hai aparcamento de longo prazo. Pasado este tempo, apostilou, comezarase a sancionar aos vehículos.