O Concello investiu preto dun millón de euros en obras nos 49 centros educativos da cidade
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Ceip Coutada-Beade con motivo do inicio do curso escolar en infantil e primaria. Logo de percorrer algunhas aulas, o rexedor lembrou que o Concello investiu preto dun millón de euros na posta a punto de 49 centros educativos na cidade.
O Concello adicou este ano 2014 preto dun millón de euros en melloras nos 49 centros educativos da cidade. Así o apuntou o rexedor esta mañá, durante a visita que realizou ao Ceip Coutada Beade, coincidindo co nicio do curso escolar de infantil e primaria ao que se incoroporan uns 24.000 alumnos en Vigo (7.600 en infantil e uns 16.400 en primaria). Durante a visita, o rexedor aproveitou para amosar a súa "decepción" pola atención da Xunta co ensino da cidade, lembrando o compromiso inclumplido da Consellería de Educación de construir máis comedores escolares.
Respecto das bolsas, o rexedor indicou que o Concello arranca o curso sen listas de espera en bolsas de comedor e lembrou que o curso pasado investíronse 2 millóns de euros para as 5.000 bolsas que se concederon, aproximadamente. A este respecto, destacou que a administración local asumiu os 200.000 euros que recortou a Xunta, aínda que se trata dunha competencia autonómica.
Por outra banda, tamén en declaracións aos medios, o rexedor destacou o carácter "regresivo" da lei que marca este ano o inicio do periodo escolar, a LOMCE.
Descargar todas as imaxes