A Semana do Atlántico comeza o 20 de outubro coa presenza duns 600 deportistas
O alcalde, Abel Caballero, participou este martes na presentación no Real Club Náutico de Vigo, a celebrarse entre o 20 de outubro e o 4 de novembro, que se posicionará novamente como o referente de otono da vela de competición no sur de Europa. Está anunciada a presencia de 500 embarcacións.

Na Semana do Atlántico 2012, que conta co apoio do Concello de Vigo, entre outras institucións públicas e privadas, participarán máis de medio millar de embarcacións e uns 600 deportistas representando a unha decena de países.
A Semana abrirase coas competicións de vela internacional para continuar coas especialidades olímpicas da clase láser e pechando o evento náutico -do 2 ao 4 de novembro- co Meeting Internacional Pescanova de Optimist, unha das citas máis importantes de Europa.
Descargar todas as imaxes