Escoitar

O alcalde subliña que 500 persoas participan no programa municipal "Envellecemento Activo"

Abel Caballero visitou hoxe martes unha das clases de informática para maiores que oferta esta iniciativa do Concello de Vigo, desta volta no Centro Cívico de Teis. "Envellecemento Activo" ofrece nos centros cívicos municipais e nas asociacións veciñais cursos de informática, pilates, ximnasia ou natación, entre outros.

martes, 18 set 2012
O curso de iniciación á informática é de 20 horas e neste aprenden a usar algúns programas e a navegación por Internet. "Envellecemento Activo" oferta cursos de pilates, relaxación, saúde, ximnasia ou natación, ademáis da informática, tanto nos catro centros cívicos municipais como en numerosas asociacións veciñais e culturais da cidade.