O Goberno municipal desenvolve programas de emprego por valor de 3 millóns de euros
O Goberno de Vigo deu luz verde hoxe venres a dous programas de emprego por un volume preto de a 2 millóns de euros, aos que hai que sumar o inicio da posta en marcha de dous obradoiros de formación ocupacional. O rexedor contrapuxo esta cifra co investimento da Xunta de Galicia que no último ano adicou a políticas activas de emprego 30.000 euros.
A Xunta Local de Goberno deu luz verde hoxe venres ao programa de inserción laboral Vigo Emprega, financiado polo Concello, que permitirá contratar 102 persoas entre o próximo 7 de setembro ata o 6 de setembro de 2013. O importe deste programa e de 1,758.000 euros e está concebido para favorecer a inserción de persoas con especial dificultade e con importantes problemas de renda. O Goberno municipal tamén aprobou unha partida de 200.000 euros para bolsas-axudas del proxecto Imos traballar para 2012 do que se benefician 255 persoas. "Aprobamos, polo tanto, 2 milóns de euros para xerar emprego", resumiu.
A esta cifra hai que sumar, engadiu, a aprobación da a posta en marcha de dous obradoiros, o primeiro, Vigozoo IV, significaría a contratación de 51 persoas, cun custo de 630.000 euros e, o segundo, Vigo atende, daría traballo a outras 51 persoas cun importe de 419.646 euros. Durante a comparecencia cos medios, o rexedor apuntou que "entre o que aprobamos e o que iniciamos estamos diante dun investimento de 3 millóns de euros en programas de xeración de emprego", o que definiu como programa máis importante de toda Galicia. Contrapuxo estas cifras coas da Xunta de Galicia, administración que adicou 30.000 a políticas de emprego en Vigo no último ano.
Outra das decisións tomadas na Xunta de Goberno fo a aprobación das obras do tramo pendente de humanizar da rúa Areal, que é o da zona intermedia (nas próximas á Praza Compostel e Isaac Peral xa se realizaron). Tal e como explicou o alcalde, unha vez rematen estes traballos, estará humanizada toda a zona de Areal e unha parte "importantísma" de Rosalía de Castro, tendo en conta as obras en República Arxentina e Oporto, as que se vai sumar a rúa Candeleiro.
Asimesmo, a Xunta Local de Goberno aprobou un convenio de colaboración para a organización das XIII xornadas de danza e música tradicionais, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolk. Cunha subvención de 22.500 euros, estas xornadas celebraránse en outubro, en Valadares e no Auditorio Mar de Vigo. O obxectivo é difundir o folclore, así como defender e conservar a difusión da danza autóctona de Galicia. Outro dos asuntos abordados na reunión de goberno semanal fo a convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas en 2012. Cun importe de 50.000 euros, tal e como explicou o rexedor, o prazo para presentar solicitudes á de 20 días a partir da publicación no BOP.