Escoitar

O Mercado de A Pedra contará con 30 expositores de productos artesanias esta fin de semana

30 expositores de produtos tradicionais de toda Galicia se darán cita esta fin de semana no Mercado de A Pedra dentro do programa Comercio á rúa, unha iniciativa, segundo indicou o rexedor na súa presentación, concebida para dinamizar o Casco Vello, instalando mercadiños semanis de carácter temático.

venres, 31 ago 2012
1346417340feira.JPG
O alcalde de Vigo apoiou hoxe venres o programa Comercio á rua, unha iniciativa da Asociación de Comerciantes e hosteleiros Vigovello, a sociedade galega para a difusión e conservación do Patrimonio e Concello de Vigo, coa colaboración da Asociación de Produtores Ecolóxicos galegos. O obxetivo, dixo o rexedor, é continuar dinamizando o Casco Vello coa instalación de mercadiños semanis de carácter temático.

Concretamente, esta fin de semana, o mercado trasládase desde o Paseo de Alfonso ao Mercado de A Pedra, onde se ubicarán máis de 30 expositores con postos diferenciados: alimentos ou produtos artesanais. Contarán con participantes procedentes de toda Galicia en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

Ademais de exposición e venta de produtos durante todo o sábado, haberá actividades vencelladas á gastronomía e artesanía, tales unha como degustación de produtos organizada pola Asociación de Produtos Ecolóxicos Galegos.
Descargar todas as imaxes