O goberno local construíu e renovou 50 parques ao longo deste mandato
En total, o goberno local ten xa investido 4 millóns de euros aos que está previsto sumar outros 6 millóns procedentes dos orzamentos municipais e do plan E, con 4,5 millóns e 1,5 millóns respectivamente. A zona Vigo centro e Cabral e Lavadores son as parroquias que concentraron a meirande parte das actuacións, con 8, 7 e 5 parques infantís renovados ou creados en cada zona. Abel Caballero subliña que ao longo deste mandato todas as demandas dos veciños neste eido "foron ou serán atendidas" co fin de facer de Vigo "unha cidade para os pequenos".
O goberno municipal socialista de Vigo ao longo destes tres anos de mandato reformou e construiu 50 novos parques repartidos por todas as parroquias da cidade. Así o confirman as cifras que se desprenden do balance realizado pola concellería de Montes, Parques e Xardíns, dirixida pola edil do PsdG-PSOE, Raquel Díaz.
Estes datos fan referencia a unha distribución equitativa nas zonas da cidade que, ata o de agora, rexistraban máis carencias nestas infraestruturas e poñen de relieve un dos compromisos asumidos polo goberno actual ao comenzo da lexislatura, responder as demandas cidadás e facer de Vigo "unha cidade para os pequenos".
Por parroquias, Vigo Centro seguida por Cabral e Lavadores son as zonas que concentraron a meirande parte das actuacións, con intervencións en 8, 7 e 5 parques respectivamente. No caso de Cabral e Lavadores ademáis de reformar varios parques tamén se creáron dúas novas zonas de ocio en cada unha delas. As demandas dos veciños se ven así satisfeitas no caso de O Gorxal e Grileira, en Cabral e de Ernesto Lecuona e Meixoeiro (Toro) no caso de Lavadores. Aínda así o compromiso do rexedor local, Abel Caballero, que será asumido ao longo deste ano é que todas as demandas recibidas "foron ou serán atendidas". Tamén na zona de Balaídos/Fragoso a actuación do goberno local interviuse en cinco instalacións infantís, das oito coas que conta este barrio.
En total a inversión adicada a este fin ascendeu nos tres anos de mandato a 4 millóns de euros e a previsión é que neste ano a cantidade chegue aos 10 millóns, cos 4,5 millóns que adicará o Concello a este fin máis os 1,5 millóns procedentes do Plan E do Goberno de España.
As inversións realizadas pola concellería de Limpeza, Parques e Xardíns así coma os traballos realizados polo concelleiro de Distritos, o tamén socialista Ángel Rivas, reflicten o reparto das inversións por todas as parroquias da cidade, acentuando unha das prioridades do goberno local que non é outra que acabar coas desigualdades e estreitar a relación entre o centro da cidade e as parroquias.
Os datos
Na actualidade hai na cidade un total de 118 parques infantís e o Concello interviu polo de agora en 50, coa remodelación ou a creación de novos espazos para o lecer.
Dos 8.198 metros cadrados de superficie dos mesmos o Concello incorporou 3.905 metros de valado.
Só en xogos e valado (comoa sentos bebé, asentos cuna, bambáns, superficies de xogos, xogos múltiples, de molle...) o Concello adicou un total de 1.109.640 euros nestes tres anos cunha progresión no investimento que acadou o pasado ano os 568.786 euros.
Por parroquias Vigo Centro é a que conquire o meirande número de parques (25) debido a que tamén é a de maior superficie (1.788 metros cadrados) de parques infantís.
Descargar todas as imaxes