A Comisión Executiva do Eixo Atlántico márcase duas liñas fundamentais: o Tren de Alta Velocidade entre Porto e Vigo e as infraestruturas aeroportuarias da eurorrexión
O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico, Abel Caballero, afirmou que entre os acordos adoptados pola executiva, ademais do nomeamento de Rui Rio como vicepresidente, figuran o establecemento dun sistema de funcionamento en rede entre todos os concellos do Eixo Atlántico, tratando de que este sexa un elemento vertebrador da eurorrexión.

Rui Rio, alcalde de Porto, foi elixido hoxe, por unanimidade, novo vicepresidente do Eixo Atlántico a proposta do presidente da entidade, e alcalde de Vigo, Abel Caballero.
A Comisión Executiva do Eixo Atlántico reuniu esta mañá en Vigo aos alcaldes de Vigo, Porto, Monforte de Lemos, Ourense, Lalín e Macedo de Cavaleiros, un concelleiro de Santiago de Compostela e o xefe de gabinete do concello de Barcelos.
Na rolda de Prensa, celebrada no intermedio da comisión, compareceron diante dos medios o presidente e o vicepresidente do Eixo Atlántico, Abel Caballero e Rui Rio, respectivamente, xunto o Secretario Xeral, Xoán Mao.
Caballero afirmou que entre os acordos adoptados pola executiva, ademais do nomeamento de Rui Rio como vicepresidente, figuran o establecemento dun sistema de funcionamento en rede entre todos os concellos do Eixo Atlántico, tratando de que este sexa un elemento vertebrador da eurorrexión.
Eixo fundamentais
Caballero subliñou que o feito de que o vicepresidente, será o vindeiro presidente, no prazo de dous anos, permitirá importantes accións do Eixo Atlántico liderado polas dúas principais cidades da eurorrexión, que traballarán en dous aspectos destacados: o Tren de Alta Velocidade e os aeroportos.
O Presidente do Eixo Atlántico recoñeceu certos atrancos na parte portuguesa, co anuncio do goberno portugués de retrasar dous anos a conexión Porto Vigo en territorio portugués, aínda que o presidente do Eixo lembrou que "nos temos resolta a saída de Vigo e comprometido co Ministro de Fometo o financiamento do percorrido ata a fronteira". Caballero defendeu o AVE como o "verdadeiro elemento vertebrador".
Sobre os aeroportos Caballero afirmou que son precisos non só factores de competitividade senón tamén de "oportunidade". Neste senso, remarcou o interese pola coordinación dos aeroportos e portos da eurorrexión no eido do trasporte de mercadorías.
Outro dos aspectos foi a coordinación en materia de I+D das universidades da eurorrexión cuxas sinerxias investigadoras darían coma resultado "unha das maiores capacidades de i+D de Europa".
Tamén, como aspectos relevantes, citados polo presidente do Eixo, foron o desenvolvemento das actividades de promoción turística e a potenciación do contacto empresarial de todas as empresas e colectivos empresariais de Galicia e o Norte de Portugal.
Relevancia Política
Abel Caballero subliñou que esta etapa, con Vigo na presidencia e Porto na vicepresidencia, "ten a vontade de darlle a maior relevancia política" ás accións que se poñan en marcha e permitirán ao Eixo Atlántico ser o interlocutor nos ámbitos políticos de España e Portugal".
Pola súa banda, o vicepresidente e alcalde de Porto, Rui Rio destacou que accedeu a vicepresidencia polo feito de que Vigo e o seu alcalde teñen "un gran prestixio tanto en Galicia, como en España". Rio manifestou que aceptou a proposta do presidente por ser "sensible á necesidade de reforzar o papel político do Eixo Atlántico diante dos gobernos de España e de Portugal". Así, comprometeu o seu traballo con accións "que unhas veces se farán dende a alcaldía de Porto e outras dende a estrutura do Eixo Atlántico".
Para Rui Rio hai duas cuestión básicas no Norte de Portugal. Dunha banda o anuncio do retraso de dous anos do TGV (alta velocidade) entre Vigo e Porto, e doutra a posibilidade de que o aeroporto de Porto non acade a súa autonomía respecto de Lisboa; "ambas cuestións son decisións do goberno central e incluso con influencia en Bruselas, que para resolvelas precisan de peso político".
Reducir o retraso do AVE Vigo -Porto
Preguntado por los xornalistas sobre o retraso na liña Porto Vigo de alta Velocidade, o vicepresidente do Eixo afirmou que unha das súas actuacións será a de tentar reducir o máis posible ese retraso para que sexa menor dos dous anos anunciados polo goberno portugués. Abel Caballero puntualizou que o Eixo Atlántico traballará para convencer ás autoridades dos dous países da necesidade de que esta infraestrutura estea acabada no ano 2015, tendo esta data como prazo de referencia.
O segundo elemento citado polo alcalde de Porto foi o futuro do aeroporto de Porto "que si se fala de dous anos con TGV, son décadas no caso do aeroporto". Rio sinalou que a clave será si o Sá Carnerio consegue a súa autonomía, "o que permitiría a complementariedade cos aeroportos galegos" ou se pasa a depender do aeroporto de Lisboa " caso no que non poderíamos facer absolutamente nada".
Rui Rio sinalou que a autonomía do Sá Carneiro é unha demanda non só da área Metropolitana de Porto, senón de todo o Norte, de todas as institucións e asociacións empresariais. Neste senso afirmou que 2010 é a data decisiva para a toma desta importante decisión.
Descargar todas as imaxes