O alcalde asegura que o convenio para a Alta Velocidade galega asegura "as tres patas que sustentan o AVE a Vigo"
Abel Caballero viaxou hoxe martes a Santiago de Compostela a presenciar a sinatura do protocolo para a Alta Velocidade entre o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o Ministro de Fomento, José Blanco. O acordo, salientou o alcalde, garante as tres patas do AVE vigués: a conexión con A Coruña en 2012, o AVE directo a Madrid e o túnel de entrada e nova estación de Urzáiz.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou a súa "satisfacción e recoñecemento" ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao Ministro de Fomento, José Blanco, pola sinatura realizada este martes en Santiago de Compostela para a Alta Velocidade galega, un acordo que asegura "as tres patas que sustentan o AVE a Vigo", salientou o rexedor.
Abel Caballero, en declaracións aos medios de comunicación, expresou o seu "acordo absoluto" co protocolo asinado este martes, e indicou que contempla de xeito explícito o AVE directo a Madrid por Cerdedo, o que "ratifica o compromiso" dunha Alta Velocidade directa á capital de España.
Segundo afirmou o alcalde de Vigo, o AVE Vigo-Ourense-Madrid directo por Cerdedo é unha das patas da Alta Velocidade viguesa garantidas este martes coa sinatura entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento; alicerce que complétase coa conexión de Vigo con A Coruña prevista no documento para 2012 e coa "realidade imparable" do acceso en túnel á nova estación do tren.
A este respecto, o alcalde subliñou que as tuneladoras traballan "nos ritmos previstos" para rematar co túnel que unirá Redondela con Vigo e permitirá o acceso soterrado do AVE á cidade. Abel Caballero recordou que "fai tres anos", a entrada contemplábase en zanxa.
Ademais, a nova estación de Urzáiz que dará entrada ao AVE tamén forma parte do acordo acadado hoxe martes en Santiago. En este tema, o alcalde adiantou que se está "a punto de adxudicar" a construcción da estación provisional de Guixar, o que permitirá derrubar o actual de Urzáiz e licitar a nova estación intermodal a comezos de 2011.
Descargar todas as imaxes