Ciclo sobre o rural galego organizado por Patrimonio Histórico continua no auditorio do Areal
O CAT- Centro de Artesanía Tradicional- organiza un ciclo de conferencias con título "O fin? Do rural? Galego?" que se celebra durante este mes de maio no auditorio do Edificio Municipal do Areal. O xoves, 14 ás 19:30 , José Antonio Fernández de Rota, catedrático de antropoloxía social da Universidade da Coruña falará sobre "A urbanización intensa do campo e os seus resistentes".

Este ciclo de conferencias, organizado polo CAT e coordinado polo antropólogo Xerardo Pereiro, nace coa intención de reflexionar sobre as transformacións socioculturais dos espazos rurais galegos. A través dun conxunto de relatores pretendese analizar as relacións entre as Galizas rural, rurbana e urbana, para comprender mellor onde estamos e a donde queremos ir.
O ciclo de conferencias completase co seguinte programa:
Xoves,21-05-09 "Miradas cruzadas entre o rural e o urbano galegos"
Xerardo Pereiro. Profesor titular de antropoloxía social da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal) 19:30-21:00 h
Xoves, 28-05-09 "Galicia: tradición e globalización a través das formas". Felipe-Senén López Gómez. Arqueólogo, técnico de cultura da Deputación da Coruña. Investigador da cultura tradicional galega.
19:30-21:00 h