Escoitar

Aberto o prazo para participar nun concurso de fotografía patrocinado pola Concellería de Muller

mércores, 31 out 2001
A Concellería de Muller patrocina a quinta edición do concurso de fotografía ”Ollada de muller” organizado pola asociación Val do Fragoso. O xurado, integrado pola fotógrafa Mary Quintero, as pintoras Benjamina de Río e Clara María, e unha representante da Vocalía da Muller, outorgará os premios no transcurso dunha cea que se celebrará o 1 de decembro.

As obras poden entregarse ata o 20 de novembro no local social da asociación (rúa Val Miñor 1-3) de luns a venres de 18:30 a 20:30 horas. As bases establecen que as fotografías serán a cor, cun tamaño de 20x25 cm. e terán tema libre. Só se admitirán dúas imaxes por persoa. As obras conformarán unha exposición que permanecerá aberta do 24 de novembro ó 1 de decembro.



MÁIS INFORMACIÓN