Escoitar

O Concello coloca novas marquesiñas nas paradas de autobuses

martes, 16 out 2001
O departamento municipal de Circulación e Transportes encargou a construcción de medio cento de marquesiñas para colocar nas paradas de autobuses urbanos do municipio. A finais de ano, en canto a fábrica que as elabora as subministre, comezarán a colocarse tanto no centro urbano como nas parroquias.

Entre mentres, xa principiou a instalación de catro marquesiñas noutros tantos barrios que carecían delas. Concretamente, estanse a colocar á beira da ponte de Sárdoma: ás portas do Instituto Ricardo Mella, no Meixoeiro: no cruce da Xurela, en Coruxo: e no cruce de Rans coa estrada da Vía, en Cabral. A veciñanza destes lugares viña reclamando dende hai tempo a colocación de marquesiñas nas paradas de autobús.