A praza do Berbés acollerá o sábado un magosto popular e a actuación do grupo Xuntanza<br />
O vindeiro sábado, 8 de novembro, a praza do Berbés acollerá un magosto popular que estará amenizado pola agrupación de música e danza tradicionais Xuntanza, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Cultura, Xesus López. O edil do BNG explicou que o magosto, organizado pola Concellería de Cultura e a Federación de Peñas "O Olivo", dará comezo ás 18 horas e contará co presidente do Real Club Náutico na lectura do pregón.
"Coa celebración deste magosto queremos converter a praza do Berbés nun punto de encontro dos vigueses e as viguesas", salientou o concelleiro de Cultura, quen subliñou así mesmo a importancia de facer partícipe a veciñanza nas festas tradicionais da cidade. No magosto, que comezará ás 18 horas do vindeiro sábado 8 de novembro, está previsto o reparto de 1.500 kilogramos de castañas nunha gran carpa situada na praza do Berbés. Tras o pregón, ás 19.30 horas, a cargo de Francisco Cobas, presidente do Real Club Náutico, terá lugar a actuación do grupo de música e danza tradicionais Xuntanza.
Descargar todas as imaxes