Benestar Social pon en marcha o "Outono cultural" para os maiores para fomentar o avellentamento activo
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este martes que "apostar decididamente polo avellentamento activo" é o principal obxectivo da nova iniciativa organizada polo seu departamento, o "Outono cultural para os nosos maiores". Segundo explicou a edil, este novidoso programa desenvolverase ao longo do mes de novembro e con el as persoas maiores terán a posibilidade de acudir ao teatro e visitar os museos da cidade.
"Un dos obxectivos da Concellería de Benestar Social consiste en favorecer o avellentamento activo das persoas maiores", salientou María Méndez, quen lembrou que xa no pasado mes de marzo deu comezo un amplo abano de actividades, como cursos de memoria, risoterapia ou ximnasia, entre outras, por case todas as parroquias, barrios e asociacións de Vigo ao longo de todo o ano. "Estamos moi orgullosos de como está funcionando este programa, posto que conta cunha alta demanda", sinalou. O "Outono cultural" súmase ao programa de avellentamento activo e desenvolverá as súas actividades culturais ata o 28 de novembro, todos os días agás festivos e sábados. "Con esta iniciativa queremos evitar que as persoas maiores queden na súa casa, perdendo calidade de vida", explicou a concelleira nacionalista.
No apartado adicado ao teatro, o "Outono cultural para os nosos maiores" integra catro representacións teatrais, que terán lugar no Cine Salesianos. O día 6 de novembro, ás 18 horas, e o 11 de novembro, ás 19 horas, a compañía Talía Teatro interpretará "Bicos con lingua", unha obra que ten como eixo central a lingua galega. Os días 20 e 24 de novembro, ás 17.30 horas, a compañía Lagarta Lagarta representará a obra "Aeroplanos", na que as relacións humanas centran o argumento. "Deste xeito, as persoas maiores poderán coñecer a cultura a través das compañías de teatro galegas", indicou a concelleira de Benestar Social.
En canto ás visitas aos museos, no programa participan o Museo de Castrelos, o MARCO, o VERBUM, o Museo do Mar e o Museo Liste. Desenvolveranse de martes a xoves, de 17.30 a 19 horas, e tras o percorrido guiado, as persoas participantes terán un encontro co director ou directora da instalación museística. "Noutra fase do programa, ofertarse aos nosos maiores visitas a outras instalacións da provincia de Pontevedra e de Galiza", adiantou María Méndez.
A edil do BNG explicou que para participar no "Outono cultural", as persoas interesadas poden dirixirse ás asociacións veciñais, aos centros cívicos ou chamar ao teléfono de atención permanente 619 954 599. Ademais, sinalou que haberá un autobús a disposición das persoas participantes, que as recollerá na asociación á que pertenzan, e posteriormente as trasladará ao punto de partida. "Moitas persoas maiores non tiveron a oportunidade de gozar do ocio e de achegarse á cultura, polo que con esta iniciativa queremos facer realidade a idea de que benestar tamén é calidade de vida para os nosos maiores", afirmou a edil do BNG.
Descargar todas as imaxes