Escoitar

O Alcalde e o concelleiro de Participación Cidadá reciben á nova directiva da Asociación de Veciños de Matamá

Hoxe xoves o Alcalde, Abel Caballero, e o Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor reuníronse na Alcaldía cos novos integrantes da directiva da Asociación de Veciños de Matamá . Á reunión asistiron Manuel Costas, presidente da Asociación, José Bacelos, Vicepresidente, Suso Costas e María Belén Perez tesoureiros da entidade.

xoves, 10 xul 2008
1215709412matama1peq.JPG
Os veciños presentáronlle ao Alcalde unha serie de demandas para a mellora da zona, e en concreto dialogaron sobre e a ampliación de Citroën. Os veciños queren chegar a un consenso para lograr unha zona verde entre a factoría e a zona habitada, que sería compatible coa expansión da factoria. Ademais mostraronlle posibles melloras que se poden realizar en beirarrúas e piden máis zonas de uso deportivo, tal e como informou o Alcalde.

O Alcalde subliñou que se vai a pór a traballar nestes asuntos para que no menor tempo posible queden solucionados.
Descargar todas as imaxes