Anxo Quintana salienta a importancia da internacionalización na inauguración da I Rolda Empresarial Vigo – Latinoamérica<br />
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, salientou este luns a importancia da internacionalización como "estratexia para facer frente a situación de crise actual". O vicepresidente da Xunta así o afirmou na inauguración da I Rolda Empresarial Vigo – Latinoamérica, que tivo lugar no Pazo de San Roque, e na que tamén participaron o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, así como o reitor da Universidade viguesa, Alberto Gago, o presidente da Autoridade Portuaria, Xesús Paz, o presidente da Federación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, e o coordinador do programa Iberpyme, Gonzalo Capriles, entre outros. <br />
"Sinto unha enorme satisfacción de poder dirixirme a vostedes nun encontro que proporciona estratexias para facer frente a nova situación económica", afirmou Anxo Quintana, quen considerou que a Rolda Vigo – Latinoamérica "pode axudar a incrementar a presenza das empresas galegas no exterior e das empresas latinoamericanas no noso país". Ademais, o vicepresidente subliñou a importancia da "alianza" da clase empresarial coa administración e neste sentido subliñou o papel que está a xogar o comité de internacionalización creado pola Xunta de Galicia para paliar a actual situación de crise e fomentar a actividade exportadora. Expresou así mesmo os seus parabéns ao Concello de Vigo pola convocatoria desta iniciativa e á representación da clase empresarial por ter amosado o seu apoio.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que os participantes nas xornadas poderán comprobar in situ a existencia dun tecido empresarial "sólido, capaz e extraordinariamente competitivo" na cidade. Na súa intervención lembrou tamén o crecemento económico e demográfico experimentado en Vigo dende a segunda metade do século XX, exemplo da súa "magnífica iniciativa empresarial".
O tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez, pola súa banda, explicou que o encontro, no que están previstas máis de 200 reunións de traballo, non só ten importancia dende o punto de vista empresarial, senón tamén polos "lazos que unen Galicia e Latinoamérica". Segundo apuntou o tenente de alcalde, ao rematar as xornadas "queremos que voltedes aos vosos países coñecendo un pouco máis a nosa realidade, de xeito que vos poida servir no desenvolvemento da vosa práctica empresarial".
Na primeira Rolda Empresarial Vigo Latinoamérica participan 25 empresas procedentes dez países Latinoamericanos, entre os que figuran México, Uruguai, Arxentina ou Venezuela, de diversos sectores entre os que figuran a pesca, as novas tecnoloxías, a acuicultura e a construción naval.
Descargar todas as imaxes