luns, 28 abril 2025

O Comité de Emerxencia de Vigo reforza os efectivos de seguridade para atender á cidadanía

O Comité presidido por Abel Caballero acordou na segunda xuntanza pechar o túnel de Beiramar como medida preventiva pola saturación do conduto de líquidos ao non haber bombeo. O goberno local multiplica por tres os efectivos do Corpo de Bombeiros e Policía Local que xa axudaron a máis de 30 persoas en situacións de risco. Caballero pide prudencia e evitar os desprazamentos no vehículo privado. Na terceira reunión acordouse aumentar o número de efectivo de seguridade nas rúas pola noite.

COMUNICADO ANTE O APAGAMENTO XERALIZADO

luns, 28 abr 2025

Ante a situación de falta de subministro eléctrico, o Concello recomenda á cidadanía que evite os desprazamentos que non sexan imprescindibles. O mellor, na medida do posible, é permanecer na casa para facilitar o eventual movemento de tráfico dos servizos de emerxencia, así como extremar a prudencia na circulación. Así as cousas, queda suspendida toda a actividade municipal nas instalacións municipais.

Manifesto polo Día Internacional do Pobo Xitano

luns, 28 abr 2025

O Pleno ordinario do mes de abril acolleu a lectura do manifesto con motivo do 8 de abril e da conmemoración dos 600 anos de presenza do pobo xitano na Península ibérica, a cargo de Marina Pereira dos Anjos e Andrea Jales Bastos, en representación da Fundación Secretariado Xitano.